Compromiso coa formación e a inclusión: colaboración con Academia Adams, IESIDE e COGAMI
Compromiso coa formación e a inclusión: colaboración con Academia Adams, Compostela Business School e COGAMI
En Óptima Inmobiliaria cremos no valor das persoas e no impacto positivo de unir esforzos. Por iso, colaboramos activamente con tres entidades clave na formación e no desenvolvemento profesional: Academia Adams, Compostela Business School e COGAMI.
Con Academia Adams, contribuímos á empregabilidade do seu alumnado a través de prácticas profesionais que lles permiten aplicar os seus coñecementos nun entorno real do sector inmobiliario.
Compostela Business School, coa que colaboramos para incorporar mozos e mozas con alto potencial en áreas como a xestión, a análise e a estratexia comercial. A súa visión empresarial encaixa co noso compromiso de ofrecer un entorno profesional dinámico e orientado ao crecemento.
Con COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), traballamos pola inclusión laboral real. Abrimos as nosas portas a perfís diversos, promovendo un entorno de traballo accesible, respectuoso e comprometido coa igualdade de oportunidades.
Estas alianzas forman parte da nosa visión: medrar como empresa mentres achegamos valor social, impulsamos carreiras e sumamos talento.